Emma Ríos anuncia ISLAND e 8HOUSE

Nunha aparición na Image Expo, Emma Ríos anunciou Island e 8House, ambas colaboracións con Brandon Graham e ambas sairán en Image Comics no 2015.

IslandRiosIsland será unha publicación liderada por Ríos e Graham e cun equipo dos artistas máis interesantes dos cuadrinhos, será unha revista mensual de 72 páxinas e está prevista para xuño de 2015. “A idea é facer historias longas en cada edición, de 20 a 30 páxinas” , explicou Graham.

No Island  #1 atoparemos unha historia chamada ID asinada por Emma Ríos, o regreso de Multiple Warheads de Brandon Graham, e Dagger Proof Mummy de Ludroe, xunto cunha serie de ilustracións de Marian Churchland, a revista tamén terá artigos que mesturan prosa e cómics, e deseños mecánicos para as cousas que nunca van existir.

ID conta a loita de tres persoas diferentes que consideran un transplante de corpo como unha solución para as súas vidas. Un conto de ciencia ficción como vehículo para falar da identidade, ver ou ser visto, e sobre coma asuntos serios tamén se poden voltar frívolos.

Graham contribuirá a Island con Multiple Warheads: Cidade Pantasma, na que Sexica e o seu mozo lobishome, Nikoli, investigan os misterios do Muro das Lamentacións e vello mago que se agocha dentro das súas pedras.

8houseMirror8House é un universo compartido que será construído por equipos que traballan en diferentes miniseries independentes. 8House comeza con dúas historias, Mirror de Emma Ríos e Hwei Lim e Arclight de Brandon Graham e Marian Churchland.

Mirror transcorre nunha colonia illada en torno a unha nave laboratorio. Neste porto seguro, magos e científicos do experimento House of healers con fauna locais do satélite para crear híbridos de home e animal para utilizar nunha guerra cósmica e gañar o favor político. Pero a crecente comunidade de híbridos non queren ter nada que ver coa guerra ou política, e especialmente cos seus creadores humanos; só queren vivir ó seu xeito, como son.

8House_arclight

Arclight será unha historia de catro entregas que contan a historia dunha muller nobre que cre que é presa nun corpo estraño. Ata que se entera que o ser alieníxena que vive no seu corpo volveu, asumindo antiga vida da muller nobre.

“Poucos creadores están tan empeñados en empurrar os límites dos cómics como Brandon Graham, e os libros 8House e Island son tan diferentes dos cómics estándar que é como desenterrar artefactos dalgunha dimensión paralela onde os cómics desenvolveron en algo moi diferente do que poderiamos esperar “, dixo Eric Stephenson, da Image Comics, ” O compromiso de visionarias, coma Emma Ríos, Ludroe, e Marian Churchland, por citar só algúns das coautoras con Brandon, só contribúen o meu entusiasmo polo que son facilmente algúns dos cómics máis progresistas que xa nunca publicamos. ”

 Xa adiantara algo nesta entrevista que lle fixemos no pasado Autobán.

Aquí máis páxinas destes dous traballos.