Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

cubierta_dospags.inddToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

Catalogo_onerosoCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

efectiviwonderEfectiviwonder – Dani Xove.

Imos deixar as verbas que lle adica Manel Craneo no prólogo: Irreverente, divertido, arriscado, innovador, transgresor, fluído, variado… son só algúns dos moitos apelativos que podería atribuírlle a este traballo de Dani Xove.

Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.25.29Bitcoin – Ares, Busquet, Preuskchat.

Unha novela gráfica de aventuras ben contada e moi ben debuxada e que ademáis pretende transmitir o que significa o Bitcoin e que xogar co aspecto misterioso do seu creador. Editada magnificamente.

griza-zonoGriza Zono – Andrés Magán.

Deste tebeo di o crítico e divulgador Octavio Beares no seu blogue: Turbio y lírico, entre la poesía y la pesadilla, el universo de “Griza Zono” puede ofrecer sabores reconocibles, y aunque ya no nos vamos a dejar sorprender por una trama más o menos indescifrable y surreal no dejo de rendirme a su enorme atractivo. 

marcopola3Marcopola – Jacobo Fernández Serrano.

Esta é a terceira entrega desta serie infantil á que Edu Maroño adica este parágrafoAventuras e humor co engaiolante despregue visual ao que Fernández Serrano nos ten afeitos.

nordesNordés – Kike J. Díaz.

Un libro autoeditado co que o seu autor pon enriba da mesa unha primeira obra na que mostra que hai futuro na bd galega.  Kike J. Díaz combina a historia da vila de Ribadeo e o Marqués de Sargadelos cunha historia ambientada no presente, cun protagonista que ten que  solucionar un misterio.

10405662_655954064499250_8821280176119313881_nNacho Camacho – Jano, Rodrigo Cota.

Nacho Camacho é ante todo un home dos de sempre, e está orgulloso de selo. Macho alfa contemporáneo, cachas e materialista site adoración por Clint Eastwood. A vida de Nacho sería perfecta se non fose porque o seu fillo pre-adolescente, é homosexual.

Unha obra humorística que ridiculiza de xeito directo e sen complexos unha sociedade machista. Transgresor e indispensable para derribar con bo humor os prexuizos.

AurorawestEl momento de Aurora West – Rubín, Pope, Petty.

Aurora é un dos personaxes do coñecido Battling Boy, que agora ten a súa propia aventura na que toda a artilleria gráfica dun Rubín en estado de gracia está o servicio dunha historia de superherois que aínda que orixinalmente pensada para un público máis xuvenil non só defrauda os que xa non son tan novos senón que os fará desfrutar moito.

bellamuerteBella Muerte – Rios, DeConick, Bellaire.

A editorial Astiberri publica o primeiro arco desta bd coa que Emma acadou un grande exito nos USA. Un western con certos toques sobrenaturais cunha historia boa e ben contada e marabillosamente traballada na parte gráfica.