Os editores Franceses publicarán un álbum de homenaxe ás vítimas dos atentados de París.

The cover of satirical weekly of Charlie Hebdo is seen in this handout imageO Sindicato Nacional de la Edición (SNE), promove a publicación dun álbum de homenaxe ás vítimas dos atentados de París.

O director delegado de Dargaud, como representante da banda deseñada dentro do SNE, Philippe Ostermann, declarou que, no canto de que cada un faga unha homenaxe, toda a familia da bd, autores e editores, vano facer nun mesmo álbum en beneficio das vítimas. A publicación sairá en febreiro, e a recadación será íntegramente para as familias das vítimas. Xa anunciaron a súa participación Casterman, Fluide glacial, Futuropolis, Dargaud, Dupuis, Le Lombard, Denoël Graphic, Kana, Urban Comics, Rue de Sèvres, Glénat, Delcourt, Panini e Steinkis.

No próximo Festival Internacional da banda deseñada de Angulema, que se celebrará entre os próximos 29 de xaneiro e o 1 de febreiro, tamén se renderá homenaxe ás vítimas cunha exposición dos debuxantes da Charlie e organizaranse debates sobre a liberdade de expresión, a cerimonia de clausura renderá homenaxe ó semanario Satírico e Wolinski, un asiduo a este evento, recibirá o Grand Prix do Festival 2015.