6º encontro Tintinófilo

6encontrotintin Coma tódolos anos polo mes de entroido os tintinófilos teñen un encontro en Madrid, organizado pola Asociación Mil Rayos, o encontro está adicado o libro Tintín no Tibet e coma lema escolleuse “El Tíbet de Hergé”, será concretamente o día 21 de febreiro pola tarde na Fundación Carlos de Amberes (Rúa Claudio Coello, 99).

postal_reverso_11Entre outras actividades o “Tintinófilo do ano” que desta vez será o valenciano Paco Roca, autor da multipremiada “Los surcos del Azar” entre outras importantes obras, e sen dúbida un dos autores máis importantes na bd estatal, terá unha charla sobre Tintín co resto dos afeccionados presentes no encontro.

O cartaz do encontro foi debuxado por José Luis Povo e coloreado por un vello coñecido dos seguidores das Metrópoles, Pedro Rey.