Autobom

Autoban_gifOs organizadores do exitoso Autobán non paran de traballar e así os vindeiros venres 20 e sábado 21 de febreiro, celebrarase o Autobom, a versión invernal do evento de autoedición coruñes. Será un evento máis enfocado aos fanzineiros, e non tanto ao público xeral. Hai varias actividades programadas, algunhas son presenciais e outras non. As presenciais serán en THE ROOM.

VENRES 20 de febreiro.

De 18 a 21 h. – Autolab.

O venres pola tarde haberá unha serie de exercicios de estilo coa axuda da xente de LabOu. Son exercicios divertidos que permiten facer un cómic entre varias persoas dunha forma rápida, amena e colaborativa, a idea é facer durante a fin de semana un fanzine (o Autozine), cun contido que veña do cómic común que se faga ese venres pola tarde e coas colaboracións vía e-mail. A data límite para enviar o teu cómic para o Autozine é o venres 20 ata as 20 horas.

De 21:30 a 23 h. – Concerto ilustrado.

SÁBADO 21 de febreiro.

Todo o día: Mercadillo de fanzines.

De 12:30 a 13:30 h. – Curso de maquetación de fanzines

Un pequeno curso impartido por Bernal Prieto que ensínara como maquetar un fanzine con Indesign, usando como exemplo o material do Autozine.

De 13:30 a 15 h. – Sesión Vermú.

De 17:00 a 18:30 h. – Sesión de estampación e cosido.

Paula Fraile impartirá un curso rápido de encuadernación cosida, a primeira hora da tarde haberá unha sesión na que montar un fanzine propio, tamén haberá un tórculo có que estampar a portada.

De 18:30 a 20 h. – Mesa redonda de autoedición.

Un debate aberto, con dous ou tres persoas. Si alguén está interesado en botar unha man nisto, a organización estará encantada de contar con vos.

A las 20 h. pechamos o chiringuito. (que non a festa)

As NON presenciais serán:

Autozine: Un fanzine colectivo que se fará coas colaboracións que sexan enviadas e cos cómics que se fagan no Autolab.

Si queredes participar no Autozine de forma remota podedes descargar esta plantilla en PDF onde veñen unhas instruccións de como facelo. Hai que avisar antes para poder que os organizadores se fagan unha idea do número de páxinas que terá o Autozine.

Autoban_guiti

Foto: Cabeza de Corte Aéreo

Mercadiño de fanzines: Ó longo do sábado haberá un mercadiño de fanzines nunha mesa común. O espazo será limitado, polo tanto só poderán poñerse á venda fanzines, e preferiblemente os máis actuais.

Si queredes participar de forma directa podedes traer os vosos exemplares o venres pola tarde, a partires das 18 horas, e si podedes facer quendas durante o sábado para atender o stand, agradeceriámolo moito.

A organización fai unha chamada á colaboración e participación, como queirades e poidades, pero especialmente: colaboracións para o Autozine, o fanzine do Autobom; participación no Autolab do venres; material para o mercadiño do sábado, e os que poidades, axudedes facendo quendas; e xa por último, si alguén se anima a botar unha man coa mesa redonda.

Espallade a verba da bd e a autoedición!!!