José Luis García López o galego que debuxa na DC, estará no Saló de Barcelona

Batman_GarciaLopezNo vindeiro Saló Internacional do cómic de Barcelona deste ano imos ter (polo menos) un representante galego, José Luis García López, autor de bd que traballa sobre todo para DC, naceu en Pareizo (Lalín), no ano 1948, mais emigrou a Arxentina cando tiña 5 anos coa súa familia. Traballou cunha lenda da banda deseñada Arxentina, o guionista Héctor Oesterheld, nas historias de “Roland El Corsario” que se publicaría na revista Fantasía, un personaxe que acadou grande éxito no país austral. A mediados dos setenta trasladouse a Nova Iorque, onde aínda vive e segue a debuxar cómics.

Dos pinceis de José Luis García López saíron historias para as grandes iconas da editorial, Batman, Wonder Woman ou o Home de Aceiro entre outros moitos, e tamén é o responsable da realización da DC Comics Style Guide, o manual de estilo da compañía no que se recollía todo o elenco de personaxes da editorial, unha guía (xa mítica) de referencia para outros debuxantes da compañía.

Guia_GarciaLopezNa web do Saló, anuncian que coincidindo coa visita deste autor, vanse publicarán dous traballos centrados na súa obra: Grandes autores de Superman: José Luis García López – Otros mundos, que conterá as historias Superman: Kal, Realworlds: Superman y Superman Inc, e Grandes autores de Batman: José Luis García López – El episodio perdido, que incluirá a adaptación do guión escrito por Harlan Ellison para a serie televisiva Batman (1966-1968), ata o de agora inédito. A editorial ECC ten publicadas recompiladas as súas etapas nas cabeceiras de Superman.

O Edu Maroño tamén escribiu desta nova no Quadrinhos.