Novo álbum de Astérix o 22 de Outubro de 2015.

Asterix_36Os irredutíbeis galos xa teñen data de volta ás librarías, despois do exitoso Astérix e os Pictos, editado en Galicia por Xerais, os personaxes creados por Goscinny e Uderzo estrearan nova aventura, que será a trixésimo sexta, o vindeiro 22 de Outubro.

Esta será a segunda aventura na que os guións e os pinceis estarán a cargo de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, que teñen a difícil tarefa de continuar con esta importante serie.

Astérix e os pictos, foi publicado el 22 de outubro de 2013. A primeira tirada francesa de dous millóns de exemplares na primeira semana, e vendeu en todo o mundo cinco millóns. Este álbum malia a ser excelente no debuxo no que Didier Conrad fai que non nos decatemos apenas do troco no lapis, non foi tan bo no guión, que defraudou sobre todo ós lectores máis esixentes.

Aquí a recensión da libraría Komic de Astérix e os Pictos.

Aquí un artigo na Sermos Galiza que pormenoriza os misterios do anterior traballo.