Scribd ofrece agora bd en subscrición

Scribd_comicA coñecida plataforma de ebooks, Scribd, ven de poñer en marcha o seu servizo de subscrición de banda deseñada dixital (só en inglés), o servizo xa está en funcionamento, e din que cunha librería de máis de 10.000 volumes de editoras coma Marvel (comezan cun 20% do catálogo), Boom! Studios, Dynamite, IDW/Top Shelf ou Valiant entre outras. Tamén están en conversacións para que DC Cómics estea neste servizo. O primeiro mes é de balde.

O catálogo inclúe clásicos e os últimos números de series actuais. Non hai límite a la cantidade de cómics que se poden ler. Hai unha aplicación de Scribd (dispoñíbel en iOS, Android e Kindle Fire).

O acceso a semellante oferta de títulos será cunha subscrición de 8,99 dólares mensuais e irán chegando novos títulos aproximadamente un mes despois da súa publicación en papel.

Vía: iO9 e 9to5Toys