A Deputación da Coruña convoca o X Premio de banda deseñada “Castelao”

Deputacion-Coruna-metropoles-delirantesA Deputación da Coruña convoca o X Premio de banda deseñada “Castelao”.

Eís un pequeno resumo das bases:

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

O premio é de  6.500 €.

A Deputación publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala,

O autor ou autores manterán os dereitos para a posible edición da obra en calquera outra lingua distinta á galega.

Así mesmo, cos traballos orixinais será realizada unha exposición de carácter itinerante.

A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

O traballo será presentado por duplicado e en exemplares separados, numerados, grampados ou encadernados, da seguinte forma:

• O libro terá que estar rematado, tanto en guión como en debuxo.

• O formato deberá ser de mancha 26 x 19 cm, ou proporcional.

• O tamaño dos orixinais: mínimo DIN A4 e máximo DIN A3.

• A extensión mínima será de 48 páxinas.

• Para a súa valoración enviaranse copias encadernadas en DIN A4 con calidade láser.

• Os orixinais seranlle requiridos ao gañador para o proceso de edición e de preparación da exposición.

O prazo de presentación de orixinais comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 6 de abril de 2015.

Aquí as bases completas.