Concerto Debuxado de O Botafumeiro

Concerto_botafumeiroOs tiraboleiros anuncian para este vindeiro sábado o primeiro CONCERTO DEBUXADO de O Botafumeiro.

O sábado 21 de Marzo ás 21:00 na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela, os debuxantes da revista estaran acompañando ás bandas Santos Morcegos!!! e Camarada Nimoy.

Música e debuxos para presentar a revista dixital, durante o concerto proxectaranse debuxos realizados polos tiraboleiros en directo e a entrada da dereito a entrar no sorteo destas viñetas.

E remataremos a festa coa sesión definitiva de DJ Gramola. Todo por 7 euros.