El infierno del dibujante de Kiko da Silva editado por Dibbuks

Infierno dibujanteKiko da Silva ven de  anunciar a publicación do cómic “El infierno del dibujante” có que o ano pasado gañou o premio Castelao de BD da Deputación da Coruña, vaino publicar Dibbuks como novidade para o Salón do cómic de Barcelona, ás librarías chegará a finais de Abril.

Nesta edición haberá textos de Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Ángel De La Calle e Antoni Guiral Conti.

É unha magoa que a Deputación da Coruña máis de seis meses despois do fallo aínda “non tivera tempo” de editar a versión en galego.

Sinopse:

Manuel Pardo é un debuxante de 72 anos que leva toda a vida adicándose a crear historietas… pero a pesar da súa versatilidade e destreza co lapis, nunca foi quen de publicar ningunha. Cada vez que crea unha historieta descubre que alguén se lle adiantou e publicou unha semellante á súa. Pero o incansable Manuel seguirá tentando ser o máis rápido para lograr que lle publiquen algún dos seus cómics…

Formato: 24,5 cm x 32, 5 cm en Cartoné.

64 páxinas a cor.

Prezo: 16 euros.

Aquí un pequeño adianto.