Gaston Lagaffe terá pelicula en 2016

GastonLagaffeOs dereitos da bd de Franquin, Gaston Lagaffe foron comprados a Dupuis para a súa adaptación ó cinema.

Pierre-François Martin-Laval é quen realizará a adaptación das aventuras do personaxe de Franquin, prevista para 2016 xa que actualmente está ocupado noutra adaptación de comic, Les Profs.

Xa houbo unha adaptación anterior desta obra mestra da novena arte que foi producida en 1981 “Fais gaffe à la gaffe!”  dirixido por Paul Boujenah con Roger Mirmont no papel principal. Unha comedia que non permanecerá na memoria de ninguén.