O Premio Internacional de Humor Gat Perich para Willem e Wyoming

gat perichDespois de tres anos sen concederse, en 2015 volve o Premio Internacional de Humor Gat Perich, organizado pola Associació Perich Sense Concessions. Os gañadores desta nova edición foron o humorista holandés Willem e o presentador de televisión, humorista, escritor, actor e músico español El Gran Wyoming.

Willem (1941) En 1968 comezou a colaborar có semanario satírico Hebdo Hara-Kiri. Sempre provocador e corrosivo, tamén foi publicado na Charlie Hebdo. Actualmente é colaborador do diario Libération e tamén traballou moi activamente para a nova etapa de Charlie Hebdo e na revista satírica Siné Mensuel. No 2013 foille concedido o Gran Premio do Festival da Banda Deseñada de Angoulême (Francia).

El Gran Wyoming (José Miguel Monzón, 1955) comezou coma músico en Paracelso. Presentou programas humorísticos coma La noche se mueve (1992), El peor programa de la semana (1993) o Caiga quien caiga (1996).

Dende 2006 presenta o programa  El intermedio en La Sexta, no que explota a súa visión irónica e satírica da actualidade diaria. No 2013 publicou o libro No estamos locos, onde fai un particular repaso á historia de España dos últimos dous séculos.

Foi un dos guionistas da adaptación cinematográfica de Historias de la Puta Mili (Manuel Esteban, 1994).

O xurado desta edición estaba formado por Joaquim Aubert “Kim”, Rosa Bertran, Josep Maria Cadena, Jaume Capdevila “Kap”, José Antonio Fernández “Fer”, Carles Romeu, Natàlia Vila y Jordi Llompart.

Vía: Sigue al conejo blanco.