The Fiction, o novo de David Rubín

The-Fiction-metropoles-delirantesDavid Rubín non para, despois do El Momento de Aurora West, do que este ano vaise publicar a segunda parte, e mentres traballa no Gran Hotel Abismo, a novela gráfica que está a crear con guión de Marcos Prior, aínda ten tempo de meterse nunha nova aventura para o mercado norteamericano, trátase de The Fiction unha serie de catro números que vai publicar Boom Studios en Xuño deste ano, na que Rubín pon os debuxos e Curt Pires os guións.

A premisa de The Fiction é a idea de se perder nun mundo fictício. É a historia dun grupo de amigos que atopou un conxunto de libros que realmente lles permitiron explorar outros mundos. Pero un deles nunca máis volveu. E agora que son adultos, outro membro do grupo desapareceu.

Nós, xa agardamos impacientes.

Vía comicsalliance