Dragon Ball Super, nova serie de tv

O estudio de animación Toei Animation ven de anunciar a producción de Dragon Ball Super, un novo anime que será a continuación de Dragon Ball e que ten a estrea fixada para este vindeiro xullo.

Esta secuela contará coa participación de Akira Toriyama, o autor do manga de Dragon Ball e a historia terá lugar anos despois da derrota de Majin Buu.

Vía: Anime News Network