Metrópoles Delirantes 29 – Tomás Guerrero

desercion-de-stalin-metropoles-delirantesDende a lonxana guerra fría, achegouse ata as Metrópoles Tomás Guerrero o autor de “A deserción de Stalin”, unha historia de espías con final incerto. O imprescindible do Sr B é un personaxe que Van Hamme e Rosinsky crearon hai case 40 anos, hoxe anotamos na lista de imprescindibles a Thorgal, o vikingo que so quería vivir tranquilo. As novidades viñeron dende a libraría A Gata Tola de Compostela con Javi, mais desta volta, formamos un Dream Team e tamén estiveron connosco Xaime Lis da librería Komic de Compostela e Dani Xove para facermos a  quiniela do saló. Todo sazonado con boísima música e moita risada.

metropoles-delirantesOs temas que sonan no programa son:

  •  The Strokes – The modern age.
  • Norton – Make it last.
  • Abraham Boba – Algunas (pequeñas) verdades domésticas.
  • Goldfrapp- Utopía.
  • Franz Ferdinand – Brief encounters.
  • Hercules and love affair – Blind.

Unha reflexión sobre “Metrópoles Delirantes 29 – Tomás Guerrero

  1. o Pirandárgallo

    Churruscos. Gustoume moito todo o programa e gustoume moito todos os convidados. Xente guapa para unha audiencia mais guapa todavía, jaja.

    Miña quini xa vola deixei no twitter. Ainda que non son moito de quinielas.

    Hai cousas moi boas, pero penso que pecan demaisado con tanta nominación e a xente se perde. Deberían ser catro obras as nominadas e punto. Así sería mellor.

    E logo parece que as obras mais autsaider están para contentar a peña pero ahí mete baza astiberri e Santiago García (ao que cada día lle teño mais tirria) e fixo que gañan eles. Tanta bola que lle deron ás Meninas. En serio??? Vengaaaaa

    O Jose JaJaJa dalle mil voltas as meninas.

    Non se apean da burra, pensan que isto é Hollywood, e estan moi equivocados. En fin. Que xa me desquitei.

    Apertas e bicos

Os comentarios están pechados.