Metrópoles Delirantes 30 – Fernando Iglesias “Kohell”

Metrópoles DelirantesVolven os lembretes, nesta emisión, un personaxe que pasou de mero adorno a protagonista da súa propia serie de animación, A Pantera Rosa. Entrevistamos a Fernando Iglesias “Kohell” un histórico da bd galega que ademais de dar clase no Garaxe Hermético, ven de publicar a adaptación á bd do Dédalus en Compostela, a obra na que Vicente Risco axustaba contas con James Joyce. Astérix, o galo máis internacional e máis famoso da bd é o imprescindible do Sr B. As novidades chegan con Xaime Lis dende a libraría Komic de Compostela, coma sempre todo acompañado de música de calidade e risas.

Dedalus_Metrópoles DelirantesOs artigos dos que falamos no principio do programa: Aquí o artigo de Ramón de España, e aquí a lúcida resposta de Gerardo Vilches.

Os temas que sonan no programa son:

  • ELO – Shine A Little Love.
  • Camel – Song Within A Song.
  • GNR – Um Mapa.
  • Autour de Lucie – Ce que l’on tait.
  • Juan Pardo – En Pé!.
  • Pink Floyd – Wish you were here.

2 reflexións sobre “Metrópoles Delirantes 30 – Fernando Iglesias “Kohell”

  1. Ismael Sobrino.

    Dias ruins para os divulgadores: Hernández Cava “um dos casposos míticos de… a bd hispana”?, essa é uma das 666 curiosidades Reader´s Diggest que eu não quero conhecer.
    Me aliviou bastante o peso escoitar pronunciar esse “ESPAMMÑaaa”.
    Ramón de España o Sr. B e o Gerardo Vilchez são uma única pèrsonagem interpretado pelo mesmo divulgador.

  2. Sr B Autor do artigo

    É unha opinión personal miña (dita con certa “malababa”, iso sí), e supoño que non serei ó único ó que lle escoitas cousas que non che interesan, agardo que o resto do programa si che fora interesante.

    Non estou dacordo coa túa apreciación. Non entendo en que nos parecemos os señores de España e Vilches, e máis eu, mais se así o pensas…

    Salud!

Os comentarios están pechados.