“Baixo o sol de medianoite” o novo Corto Maltés

Corto-canales-pellejero-metropoles-delirantesEís o titulo que levará a nova entrega de Corto Maltés, con guión de Juan Díaz Canales e debuxo de Rubén Pellejero.

A liña segue sendo moi fiel ao deseño de Hugo Pratt. O debuxante Ruben Pellejero mantivo os clásicos atributos que o fan inconfundible: a pucha de comandante, o seu abrigo de fibelas con lapelas anchas, un colete vermello e tamén o pendente de ouro na orella esquerda .

Benoît Mouchart, director editorial de Casterman, só fixo público sobre a historia, que “ocorre en 1915 no frío …” O álbum estará en cor, cunha variación de branco e negro. O biógrafo de Pratt, Dominique Petitfaux, engadiu: “Eu tiven a oportunidade de ver as primeiras oito pranchas. Son espléndidas. Polo que vin, descubrimos a un Corto Maltés con Rasputin no Norte aínda mozos.

Esta nova aventura do Maltés estará ambientada no Gran Norte do continente americano e retomará o espírito do mítico aventureiro romántico. O libro estará nas librarías no vindeiro 30 de Setembro en Francia e Holanda editado polo xigante Casterman, a tiraxe inicial será de 300.000 exemplares. (En España será editado por Norma).

Díaz Canales e Pellejero manifestaron que o seu Corto nin vai ser unha copia do orixinal de Hugo Pratt nin totalmente diferente. Hugo Pratt, o contrario que Hergé, declarou antes de morrer que non lle molestaba a idea de que algún día outra persoa puidera retomar as aventuras do seu mariño.

2 reflexións sobre ““Baixo o sol de medianoite” o novo Corto Maltés

  1. O Pirandargallo

    Pintaza que ten! E se Perifaux apadrina coas suas verbas o visionado das oito primeiras planas, seguro que está dabuten.

Os comentarios están pechados.