III Premio de Novela Gráfica Social da Fundación Divina Pastora

FundDivinaPastoraO vindeiro 10 de Xuño remata o prazo de admisión de orixinais para participar no III Premio de Novela Gráfica Social da Fundación Divina Pastora.

O premio ten como obxectivo fomenta-la concienciación cidadá, as obras deben ter un argumento relacionado con temáticas de contido social, problemas de acción social (exclusión social, emigración e integración, etc.), fomento da economía social (economía social, medio ambiente y cambio climático); protección da arte e a cultura e fomento da formación e investigación.

O gañador recibirá como premio 5.000 euros e a publicación da obra pola Fundación Divina Pastora.

Pode participar calquera autor, maior de 18 años, que resida e que este en territorio español fisicamente durante o certame.

As obras deben ser orixinais e inéditas.

Cada autor ten que enviar unha proposta de libro cun mínimo de dez páxinas rematadas, a extensión final da obra que resulte gañadora será dun mínimo de 64 páxinas.

Na pasada edición, a gañadora foi “La cuenta atrás” de Carlos Portela e Sergi San Julián, unha novela gráfica que trata sobre a condición humana e que está ambientada no drama do Prestige. No 2012, gañou “Los niños invisibles” de Tyto Alba que trata do día a día nos orfanatos de Guatemala do drama da exclusión social e a inadaptación.

Os traballos deben enviarse dentro dun sobre coa indicación “III PREMIO DIVINA PASTORA DE NOVELA GRÁFICA SOCIAL”, ó enderezo da Fundación Divina Pastora, sito na C/Xàtiva, 23. 46002 Valencia.

As bases poden consultarse aquí.