Metrópoles Delirantes 32 – José Pablo Gracía

nieves-rodriguez-metropoles-delirantesComezamos coas novas da bd. O Sr B recomenda nos imprescindibles “O Nao de Brown”, unha obra, como él di, ben escrita e ben debuxada. Falamos con José Pablo García, autor de “Las Aventuras de Joselito”, un libro que deslumbra pola calidade gráfica e a capacidade mimética do seu autor. Para rematar, Javi de A Gata Tola coas novidades; todo con música estupenda e moito bo humor.

Os temas que sonan no programa son:Las_aventuras_de_joselito

  • Moloko – Sing it back.
  • Creedence Clearwater Revival – I Heard It Through The Grapevine.
  • Terbutalina – R.A.J.O.Y.
  • Amy Winehouse – You Know I’m No Good.
  • Kiko Veneno – Joselito.
  • Leño – Que tire la toalla.
  • Smash – El garrotín.

Esta semana pasada o Sr B tamén participou no primeiro “crossover” da podcastfera galega que xuntou os ntegrantes dos programas Radio Bertoldo e La Morsa era Yo, nun episodio adicado aos cómics e a arquitectura. A experiencia foi tan divertida que será o primeiro capítulo dunha colaboración que será máis longa.

LMEY-Arq-Ep17Radio Bertoldo, é o podcast persoal dun apaixonado da banda deseñada. Iago cóntanos o seu día a día nesta afección: o que lee e o que merca, ou o que lle apetece mercar, os eventos relacionados ás que se achega, e incluso algunha entrevista a invitados especiais.

La morsa era Yo, é un podcast adicado á arquitectura na que Juan Ortiz xunto cos seus compañeiros, Alberto, Cristina, Luis, Luis Manuel, Emilio e José, van debullando a arquitectura dun xeito ameno e que a fai doada de entender tamén polos non profesionais do tema. É un dos mellores podcast que se fan non xa en Galiza senón no estado español e así foi recoñecido nos quintos premios da Asociación de Podcasting co premio ó Mellor podcast de historia e cultura .

 

Na páxina de Radio Bertoldo.

Na páxina de La Morsa era Yo.