Presentación dramatizada de “Atila”

atila-castelao-metropoles-delirantes-demoA bd, un mundo sempre inquedo e creativo está a converter as presentacións de libros en actos artísticos por si mesmos, despois da presentación de Destino Hërgüss con concerto de Pülpikk Viaskköm e da performance de Kiko da Silva a pasada semana en Vigo, desta volta Demo Editorial e a Libraría Komic convocan este acto co que presentaran o cuarto número desta serie biográfica de Castelao.

O venres 15 de maio, a partir das 19:15 horas, celebraremos  a presentación de «Atila», cuarta entrega da Colección Castelao. Para a ocasión preparamos un evento moi especial, en Manso Restauranteun espazo máis amplo cá librería e máis axeitado para a representación dramatizada dalgún dos capítulos de Atila que teñen preparada os autores na compaña da actriz Teresa Rodríguez e o músico José Luís Dopico.  Despois haberá a habitual sesión de firmas.

Convírtese nun feito habitual presentar esta novidade como unha maneira de celebrar o Día das Letras Galegas, porque, agás Titoán (2012), premiado pola Deputación da Coruña, tanto O pobre tolo (2012) como Máis alá! (2013) saíron da imprenta nestas datas.

No Metrópoles Delirantes 31 tedes unha longa entrevista con Inacio o guionista da obra.