Concurso de cómic contra a violencia de xénero

aytoZgzFoi convocado polo Concello de Zaragoza a través da Casa da Muller e en colaboración coa Biblioteca para xoves Cubit.

Facemos unha escolma das bases:

O tema a desenvolver será, por unhas relacións en igualdade e contra a violencia de xénero.

A obra debe ser orixinal, de creación propia e inédita en toda a súa extensión, sen sinatura nin sinal algunha que amose a súa procedencia. Poderá ser realizada en técnica libre.

Poderán presentarse un máximo de dous cómics (viñeta, ilustración con bocadillo ou tira cómica) por persoa ou colectivo.

As obras presentaranse convenientemente rotuladas, en tamaño DIN A-4, 210 mm x 297 mm, ou medida proporcional. Cunha resolución mínima de 300 ppi. para as enviadas por correo electrónico.

O prazo de recepción de obras rematará o 15 de xullo de 2015, ás 14:00 horas.

O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar desertos os premios si non considera que alcanzan un mínimo esixible.

Establécense os seguintes premios:

Primeiro Premio, 500 euros.
Segundo Premio, 300 euros.
Terceiro Premio, 200 euros.
Ningún autor/a poderá beneficiarse de máis dun premio.

Máis información aquí.