Master class de Enrique Fernández no Garaxe Hermético

Masterclass_EnriqueFernandezO vindeiro Venres 19 de xuño de 11:30 a 14:00, Enrique Fernández autor de “Brigada” impartirá unha master class titulada “Creación de Cómic e Autoedición Crowdfunding” na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra.

Para reservar praza:
Email: ogaraxehermetico@gmail.com
Tlf: 610 33 73 12

O prezo é de 25 euros. (Gratuíto para os alumnos matriculados nos Cursos Profesionais).

Enrique Fernández, é autor de cómic, comezou traballando en animación (El Cid, Nocturna) para despois adicarse por completo a banda debuxada. Traballou para editoriais francesas, onde xa leva publicadas varias obras, algunas traducidas ó español. Acadou na plataforma de Crowdfunding VERKAMI financiación para os seus dous volumes de BRIGADA (50.063€ para BRIGADA nº1 e 48.224€ para BRIGADA Nº 2)