Premios Curuxa do humor 2015

Premios-Curuxa-metropoles-delirantesO Concello de Fene recupera neste 2015 os Premios “Curuxa”, concurso anual de humor gráfico que convocou o Museo do Humor de xeito ininterrompido dende a súa fundación en 1984 ata ao ano 2007.

Os Premios “Curuxa” naceron co obxectivo de premiar aos mellores humoristas gráficos do momento, artellándose inicialmente en cinco categorías: Curuxa Gráfica, Curuxa aos Medios, Curuxa Nova, Curuxa de Honra e Curuxa de Barro.

Publicamos un resumo das bases:

CATEGORÍAS E PARTICIPACIÓN
Na categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Na categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de ata 25 anos residente no Estado español.
As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA NOVA.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

TEMÁTICA
Nas dúas categorías, temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades mudo, texto ilustrado ou viñeta.

CARACTERÍSTICAS DOS DEBUXOS A CONCURSO
Teñen que ser orixinais, de creación propia e inéditos. Non se admiten fotocopias, copias dixitais ou gravados.
Os debuxos teñen que estar feitos en cartolina, cunhas dimensións de 29,7×42 cms (A3).

LINGUA
Os traballos a concurso teñen que estar redactados en lingua galega. Admítense traballos de humor mudo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Até as 14:00 h do día 15 de setembro de 2015.

ENDEREZO DE ENVÍO DOS ORIXINAIS
A presentación da documentación efectuarase no Rexistro Xeneral do Concello de Fene sito na R/Concello, s/n, 15500 Fene, A Coruña (ou nos lugares relacionados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común).

As bases completas aquí.