Teñen os herdeiros de Hergé os dereitos de Tintín?

tintin-80-metropoles-delirantesO xornal NRC Handelsblad, publicou que a xestora dos dereitos de Hergé perdeu a acción xudicial presentada contra a Asociación Hergé Genootschap, unha asociación de 680 de tintinófilos neerlandeses fundada en 1999.

O Tribunal da Haia declarou que os herdeiros de Hergé (Moulinsart) non ten nada que reclamar á Asociación Hergé Genootschap, polo tanto a conclusión da Xustiza dos Países Baixos é que: os herdeiros de Hergé non teñen os dereitos dos álbums de Tintín!.

Hergé Moulinsart denunciou a Genootschap por publicar cadriños do personaxe de Hergé sen autorización e sen pagar taxas, mais a defensa de Genootschap deu a sorpresa, levando ao Tribunal un documento de 1942, debidamente acreditado por un experto. Este documento era o contrato de edición no que Hergé traslada explicitamente os dereitos sobre os textos e os debuxos de tódolos álbums a Casterman.

A única herdeira de Hergé, dende a morte do autor en 1983, Fanny Rodwell, nunca amosou este contrato.

Preguntado por Elsje Jorritsma xornalista da NRC Handelsblad, Jan Aarnout Boer, presidente de Hergé Genootschap, lembrou que desde 2009, “moitos dos fan-clubs da obra de Hergé foron forzados a pagar taxas polo uso de imaxes de Tintín, mentres que antes todos se facía dun xeito agradábel, informal e libre.”

Segundo este xornalista, o xuízo pode saírlle caro a Moulinsart, pois agora todos aqueles ós que Moulinsart cobrou polo uso de viñetas de álbumes de Tintín, nos Países Baixos ou no resto do mundo, poderían reclamar o reembolso a partir de mañá.

Os membros da Asociación Hergé Genootschap foron os únicos que rexeitaron pagar e preferiron a disputa no tribunal.

Vía Le Soir e Nrc Handelsblad.

Máis información no blogue de Pedro Rey.