Autobán 2015

Autoban2015-metropoles-delirantesVolve o Autobán, entre o venres 14 e o sábado 15 de agosto de 2015 vaise celebrar o microfestival Coruñés adicado á BD autoeditada e de autor, organizado por unha serie de autores e apoiado pola AGPI.

A intención é dar cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e a propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica. O espazo é limitado, e haberá unha selección previa seguindo criterios o máis obxectivos posible, a intención dos organizadores é incluír tódolos fanzines e cómics de Galicia, pero tamén dar espazo a publicacións nacionais e a obras gráficas autoeditadas que non conteñan BD.

No Autobán poderás participar en diversas actividades que comezan na noite do venres 14, co Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. A segunda xornada será máis completa, co Mercado de fanzines e autopublicacións, charlas e co fin de festa sempre agardado e sempre espaectacular, o coñecido Combate de debuxantes.

Este ano ven cunha novidade, a Expo Exprés, unha exposición de venda de orixinais, na que cada participante poderá presentar unha obra de tamaño A4 ou similar ou dúas obras de tamaño A5 ou similar. As obras deben presentarse con marco ou paspartú, e o prezo de venda será o que o autor decida; o importe íntegro das obras vendidas será para o autor.

A participación en estas actividades é libre e gratuita.

Tódalas actividades do venres e o sábado terán lugar no pub La Maleta, situado na ruá Orzán 170 (Como Chegar).

 

Se queres apuntarte como participante cos teus traballos á convocatoria terás que cubrir este Formulario de Inscrición. O prazo para inscribirse é ata as 23:59 horas do domingo 19 de xullo de 2015.