Encontro galego de podcasting

img_galipod_HO próximo 4 de xullo, as falangulleiras  (podcasteiras galegas) organizamos as Galipod, Encontro galego de podcasting, das que xa se fixeron varias edicións anteriores, na Coruña, Santiago e Marín.

Nesta edición será en Ourense, e complementarase o encontro con obradoiros e un debate asembleario, no que falar sobre a organización do podcasting en Galicia.

A intención é poder xuntarnos tanto falangulleiras e falangulleiros como ouvintes, para poder compartir un espazo de aprendizaxe e de traballo.

Sempre que poidades  interesaríanos coñecer o número de persoas que van asistir e o seu perfil, para eso temos creado este formulario.

Horario

11.00._ Chegada e café de benvida.

11.30 – 13.00._ Obradoiros sobre falangullos:

Obradoiro de cortinillas, ráfagas e promos.

Obradoiro construir unha marca propia.

13.00 – 14.30._ Debate asembleario.

14.30 – 16.30._ Comida.

16.30 – 17.00._ Sobremesa de proxectos. Ideas de proxectos novos colectivos.

17.00 – 18.30._ Directos e gravacións.

Lugar do evento

Magma Espacio, rúa Bedoya 27, Ourense

Agardamos por vós!!