Kemushi no Boro, o vindeiro traballo de Miyazaki

studio_ghibli_logoDespois do anuncio da súa enésima retirada o mestre e grande cineasta xaponés, Hayao Miyazaki, está a traballar unha curtametraxe que será a primeira da súa longa carreira feita íntegramente con ordenadores, estará protagonizada por unha eiruga e a produción durará tres anos, segundo ven de anunciar recentemente o seu fillo Goro Miyazaki.Miyazaki

O guión desta curta estará baseado no dunha longametraxe que nunca se filmou, titulado ‘Kemushi no Boro’ (‘Boro, a eiruga’) e foi escrito antes que ‘A princesa Mononoke’ (1997).

O protagonista é, en verbas do propio Miyazaki, “un ser tan pequeno que se podería esmagar cun dedo”. O filme faise para ser proxectado en exclusiva no Museo Ghibli de Tokio, durara uns 10 minutos, segundo fixo público Toshio Suzuki,  presidente e productor xefe do Studio Ghibli.

4 reflexións sobre “Kemushi no Boro, o vindeiro traballo de Miyazaki

  1. Sr B Autor do artigo

    Arranxado. Oes tes algo contra min? Ou é que estás contra calquera cousa que fagamos nós?

  2. Ismamelón Sobrino

    As erratas a baixo prezo son pura ludolingüística, como años/anos, brincadeira xenerosa de bo corazón. Outra é a calificación insultante de Hernández Cava e aquel “Españaaaa”; esa calquera cousa non é beneficio para brincadeiras.

  3. Sr B Autor do artigo

    De Hernández Cava só expresei unha opinión persoal, a min o seu traballo pareceme casposo por españolista e simplista, cousa que non penso que sexa necesariamente un insulto (non foi dito con esa intención). A miña forma de referirme a Essspañaaa, tampouco é un insulto, só unha bricadeira con moita ironía (que pode ser de mellor ou peor gusto) pero que non é unha ofensa en sí, mais ben unha expresión burlesca do orgullo nacional daquelas terras, nas que por certo admiten “gallego” como calificativo despectivo (5 acepción do diccionario da RAE) cousa que sí é un insulto.

    En calqueira caso, está clara a nosa diverxencia ideolóxica, con ese autor e con ese estado.

Os comentarios están pechados.