Novidades galegas para o Viñetas – Autobán 2015

Xa queda menos dun mes para o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán, ambas citas xa ineludibeis na axenda da bd galega. Nestas datas e coincidindo con estes eventos é xa tradición que se presenten moitas novidades.BTFMR-Cartel_metropolesdelirantes

A bd galega vai presentar obras ben interesantes: unha nova novela gráfica, Os que levan o lume, a cargo de Álvaro López e editada por Demo Ed; Cuimnhe, la deuda de Kike Benlloch, un historico ademais de prolifico autor da bd Galega; sendos números de Altar Mutante (o terceiro) e un número especial da dixital O Botafumeiro; unha delicatessen da audaz editora viguesa Fosfatina que presenta  unha obra de José JaJaJa, 1997 Hot Summer; o colectivo minhoco, responsabeis do fanzine Compota de Manatí que anuncia o segundo número da publicación; e a escola prrofesional de BD O Garaxe Hermético presentará o terceiro libro da Colección Cornelius, editado por Retranca Ed e que leva por titulo 221 BD.

Osquetraenolume_metropolesdelirantesOs que levan o lume é unha historia desas que con total seguridade imos a gozar tódolos lectores amantes da aventura e os mundos fantásticos e futuristas. Demo Editorial continua publicando ciencia ficción dentro da colección HäinöS (que comezou coa marabillosa “Destino Hërgüss”). Álvaro López, como autor completo de guión e debuxos, tráenos unha novela gráfica de 120 páxinas de extensión que destaca polo seu bo fluír narrativo cun debuxo moi acaído para contar unha historia escura das que tanto lle gustan ó autor.Capa_Cuimnhe_metropolesdelirantes

O guionista Kike Benlloch acompañado do debuxante Pedro Villarejo presentan “Cuinmhe. La deuda” unha bd autoeditada de vinte páxinas na que volven ó fantástico achegando unha historia que continua os feitos narrados no volume anterior “Cuimnhe. El fuego distante.”

Altar3_metropolesdelirantes

Altar Mutante 3, o fanzine máis “creepy” do panorama galego estará disponible a mediados de agosto coincidindo có Autobán. Neste número poderedes atopar ademáis das series habituais, invitados novos. A capa deste número e obra de André Coelho, que xa participou no número anterior e que tamén colabora neste coa historia  “Homes de Marte”.

A revista O botafumeiro tamén presenta novidade, un especial que ven coma cada número inzado de retranca, humor gamberro e un eito de autoras e autores de grande valía. Con textos e debuxos de creadores coma Diana López, Guitián, Jano, Los Bravú ou Andrés Magán entre moitos outros, unha perfecta escolma do que se move na inqueda bd galega.

Compota2

O Compota de Manatí é un fanzine de factura excelente que agora publicará o segundo dos seus números, un traballo do colectivo minhoco que para este número contará con invitados xa ben consagrados na bd coma Roque Romero ou Xulia Vicente, unha autora que xa é unha asentada realidade da nova bd galega.

1997Hotsummer

 

1997 Hot Summer de Jose Jajaja será o terceiro volume da colección “FOSFATINA 2000”, una colección bimensual de cómics en tamaño A4 de 16 páginas impresos a dous cores en Risografía.

Esta bd conta có característico estilo de Jose Jajaja unha tarde de diversión e troula baixo un sol de xustiza. Basado nuns sucesos do vran de 1997, pura crónica negra española.

Portada 221BDO libro 221 BD é o froito dun reto case imposible que Kiko Da Silva plantexou ós alumnos da súa escola, a creación de catro historias baseadas nas aventuras de Sherlock Holmes, cada unha delas realizada por un equipo que achegou unha visión diferente do personaxe.

O prazo de creación destas historietas foi de dous meses e decideuse seguir un método de traballo pouco visto en Europa, o da BD americana, na que un membro do equipo debuxa a lapis, outro entinta, outro colorea e outro rotula.

O proceso de creación deste traballo pódese ver na exposición “Creando nun Garaxe” na Casa da Luz de Pontevedra.

EXPO creando nun garaxeEXPO creando nun garaxe2b