Novo álbum de Iznogoud en outubro

Iznogoud30-metropoles-delirantes“Iznogoud, de pai a fillo” será o título do álbum co que o malvado visir retorna con novas estrataxemas. Vil, baixo, desagradable, e brutal, o visir Iznogoud Nunca vai renunciar: Quere ser o Califa, no canto do Califa.

Este é o álbum, será o trixésimo desta serie de culto creado por dous grandes da banda deseñada europea, Goscinny e Tabary. Laurent Vassilian no guión e Nicolas Tabary (fillo do debuxante orixinal) no debuxo, son os encargados de darlle nova vida ó personaxe aínda que xa anunciaron que seguirán fieis ao espírito dos creadores. Este libro será o segundo da serie que farán, pois tamén son os autores do álbum anterior (Iznogoud presidente, 2012).

O libro sairá a venda o 8 de outubro en Francia.