O “Retablo de las Maravillas” de Rubín e Prado

Cervantes_ MiguelanxoNeste ano 2015 cúmprense 400 anos dende a publicación do “Retablo de las Maravillas” un dos oito entremeses escritos por Miguel de Cervantes e publicados en “Ocho comedias y ocho entremeses” (1615) que nunca foron representados.

Para celebralo Acción Cultural Española (AC/E) organiza unha exposición no Museo Casa Natal de Cervantes (Alcalá de Henares) e a edición dun cómic. Esta bd será un recorrido pola vida e obra de Cervantes. Na elaboración do cómic colaboran os galegos David Rubín, “con unha estética que acentúa o ficticio, para a parte sobre El Retablo de las Maravillas” e Miguelanxo Prado máis realista, para a biografía de Cervantes.

A historia de El Retablo de las Maravillas é unha versión dun conto oriental anónimo que tivo varias adaptacións en occidentecoma “El traje nuevo del Emperador” de Hans Christian Andersen.