Presentación de “Atila”, cuarto tomo da biografía de Castelao, en Lalín

Presentacion-atila-metropoles-delirantesMañán luns 13 de xullo, ás 20:30 horas no Museo Ramón María Aller de Lalín será a presentación de Atila, o cuarto tomo da biografía gráfica de Castelao.

Será para nós unha presentación moi especial xa que, ademais dos seus autores, Inacio Vilariño e Iván Suárez, e dos editores, Manel Cráneo (Demo Editorial) e Pío Barreiro (Komic Librería), nós tamén estaremos participando, e acompañados por un nome mítico do cómic estadounidense dos últimos corenta anos, José Luís García López, que moi amablemente aceptou o convite de participar neste acto para apoiar un dos proxectos máis interesantes e singulares da viñeta galega.

O acto será introducido por Nieves Rodríguez, que despois realizará xunto con Inacio unha lectura dramatizada dunha das pasaxes da obra.

Aquí un artigo sobre Atila na web de Komic.