Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

O Kiosko Alfonso e o Palexco serán os centros neurálxicos do festival, mais habera un feixe de actividades por toda a cidade, coma as que organizan as bibliotecas ou mesmo o Autobán e todo parece indicar que cos novos aires que circulan polas institucións Coruñesas o festival vai gozar do merecido apoio institucional para medrar.