Ad mortem: Exposición e libro de Luis Sendón

EXPO_Luis_sendónNestes días a Coruña é un fervedoiro de actividades relacionadas coa BD e a ilustración e dentro destes actos esta o que mañán, Xoves 6 ás 20.00 terá lugar en La Maleta (A Coruña), Luis Sendón presenta “Ad Mortem”, un libro que recolle a meirande parte dos seus traballos como ilustrador para bandas e festivais de música dos últimos 14 anos e que sae editado por Exhumed Movies Zine e Altar Mutante Comix. Nel pódense atopar portadas para bandas de diferentes partes do mundo como Xapón, Estados Unidos, Francia ou Brasil, así como carteis para varios festivais como o Barroselas Metal Fest Portugués ou Obscene Extreme Fest Checo. Sumando un total de máis de 100 deseños en 112 páxinas a cor.

A presentación irá acompañada dunha exposición de orixinais a tinta que estarán á venda ata o día 31 de Agosto.