Autobán 2015, a consolidación.

Autoban2015_1O ano pasado por estas mesmas datas declarabamos o noso amor incondicional ó Autobán, e un ano despois só podemos reafirmar ese amor.

Este foi o ano da consolidación e da confirmación dunha proposta alternativa á institucional pero complementaria e xa imprescindible, as melloras foron significativas, comezando pola situación, máis preto do epicentro do viñetas, apenas uns centos de metros, o que sen dúbida foi moi cómodo para achegarse ás exposicións ou mesmo ás charlas dun ou doutro evento.

O mercado de fanzines foi o primeiro que vimos ó chegar a La maleta, tivemos a sensación que o espazo estaba máis organizado, tal vez pola propia configuración do local, aínda así, ó igual que na primeira edición quedou pequeno, e sempre é un gusto ver que a organización foi

Autoban2015_2desbordada polas peticións de espazos e propostas. Ademais deste mercado de fanzines, cunha variedade de propostas abraiante e con gran número de novidades houbo outras actividades xa ben asentadas neste mini festival; combate de debuxantes, que gañou Cynthia Alfonso, e ó igual que o ano anterior ateigou o local e ata as beirarrúas, o autobombo un tempo de presentacións que tamén foi un éxito de público, presentacións de propostas coma “de bar en peor” de ultrarradio, o Minibán un contacontos con música e ilustración, a festa de “o botafumeiro”, exposicións, e as charlas con temas variados e interesantes.

Autoban2015_3As metrópoles tivemos a honra de participar nunha desas mesas redondas, cos grandes divulgadores e críticos Bruno Lorenzo, Edu Maroño e Octavio Beares, foi un gusto ver a sala ateigada de xente, e unha experiencia ben divertida.

Outro ano hai que parabenizar ó equipo que organizou este segundo Autobán, si o ano pasado puxeron ben alto o listón, neste volveron a superalo. E tamén queremos dende as metrópoles agradecer a invitación a participar e as facilidades que tivemos para gravar o programa especial que subiremos nos vindeiros días. Xa contamos os días para o seguinte!!!.

Fotos do instagram de Autobán.