Fanzinadas, este venres en Carballo

Praza dos librosEste fin de semana en no Xardín Municipal de Carballo celebran A Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo son catro días de intensa programación, presentacións, contacontos, recitais, concertos e venda e exposición de libros, e todo, co obxectivo de fomentar o libro e a lectura, a imaxinación e a creatividade.

Enmarcada nesta feira cultural está o “Fanzinadas”, un espazo para visibilizar a creatividade e a autoedición gráfica, terá lugar o venres 21 durante toda a tarde, participarán 12 creadores e creadoras e colectivos para difundir os formatos e contidos autoeditados, principalmente fanzines.