Salsa Letal, autoedición no Morrazo

Como xa contamos no twitter , este ano tentouse resucitar o festival de bd de Cangas, non foi posibel e cancelouse por falla de orzamento, mais o concello do Morrazo non deixa de tentar manter viva a chama da bd é presenta Salsa Letal (vol.I), unha xornada de autoedición e banda deseñada organizada polo Concello, celebrarase o venres día 4 de setembro  en Cangas do Morrazo

Esta xornada pretende recoller diversos proxectos creativos dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promover e vender este tipo de traballos. Haberá mercado de fanzines e autopublicacións, unha exposición, sesión vermú con Dj, actividades para nenos e nenas durante o día, concertos na rúa e unha noite de concertos no recinto ferial Naves de Ojea.

Para máis información é posible contactar co departamento de Cultura a través da dirección de correo electrónico salsaletal@gmail.com