Metrópoles Delirantes 37 – Alfonso Zapico

Alfonso-Zapico-metropoles-delirantes-Nieves-RodriguezFalamos con Emilio Bernárdez da editorial La Cúpula, unha das grandes editoras do estado cunha traxectoria de 35 anos e un catálogo de autores importantísimo. Despois dos especiais do verán recuperamos os imprescindibles, e comezamos viaxando a Francia para tomarlle uns viños con Etienne Davodeau, un autor que conta historias sinxelas da vida cotiá coa mestría dun artesan. Tamén temos nesta emisión un invitado de luxo, un dos autores que máis lle aquelan ó Sr B, un autor comprometido, e de discurso claro e conciso, invitado no pasado viñetas onde tivo a amabilidade de falar con nós. Alfonso Zapico. E para rematar esta viaxe pola bd, volve ata as metrópoles, Xaime Lis o libreiro de voz melodiosaEdiciones-La-Cupula-logo e gambeteo porteño que ven dende a libraría Komic de Compostela. E rematamos coas nosas adoradas Ataque escampe, unha “vaina loca”.

As  músicas deste programa son:

  • The Beatles – Everybody´s got something to hide except for me and my monkey.
  • Astor Piazzola – Pulsacion No. 4.
  • Pizzicato Five – Lemon Kiss (Like I Do)
  • Víctor Manuel – La planta 14.
  • Ataque Escampe – Arder.

Unha reflexión sobre “Metrópoles Delirantes 37 – Alfonso Zapico

  1. Marcus

    O que di Emilio Bernárdez sobre o pagamento por contidos dixitais fóra de España non é certo. España non é ningunha excepción a nivel mundial (é moi habitual que dende o sector cultural se dea unha imaxe distorsionada do noso mercado para ir de vítima, pero no resto do mundo a cousa tamén está bastante fastidiada), e son moi poucos os casos de revistas e cómics a nivel internacional que poden vivir editándose unicamente en dixital. Mesmo en EE.UU. as poucas revistas que lanzaron orientándose ás tabletas con investimentos millonarios pecharon por non ser quen de conseguir ser rendibles (a propia Apple vai desbotar o seu Quiosco este outono, con lanzamento da nova versión de iOS, buscando novas fórmulas e formatos cunha nova aplicación móbil que terá moi presente a publicidade).
    No caso da banda deseñada, por exemplo, está o caso do Panel Syndicate, e algunha outra publicación de autor na mesma liña, pero son iniciativas realmente extraordinarias. O normal hoxe á hora de vender contidos é combinar dixital con tradicional, coa grande excepción do mercado musical, onde o soporte físico é xa residual, e a compra por contidos vai camiño de selo tamén (por mor do pulo do streaming).
    Posiblemente esteamos a vivir simplemente unha etapa de transición, tras a que é posible que o público vexa a necesidade de pagar polos contidos dixitais, xa que non hai mercado publicitario para soster o financiamento de contidos de balde que demandamos. As campañas de micromecenado poden estar a contribuír a cambiar as tendencias. Haberá que agardar para poder tomar conclusións, pero o que teño claro é que non estamos ante unha situación exclusiva de España, nin moito menos.

Os comentarios están pechados.