Metrópoles Delirantes 38 – Magius

finnegans-metropoles-delirantesMagius é autor de Murcia, unha das bedes que nos pareceu das máis sorprendentes do ano, con humor e ironía asistimos a unha Semana Santa moi peculiar na terra de Maritrini. Nos imprescindibles, o Sr B lembra unha bd transgresora e rebelde dos oitenta, Ranxerox. Voltamos co fanzineo para falar de Foster edicións, unha mini editorial con sede en Ourense que xa está traballando arreo editando fanzines. E para rematar, dende o Sindicato do Cómic de Ourense achegouse Simón, coas novidades máis interesantes. E con temazo final, para unha road movie!

 

murcia-metropoles-delirantesAs músicas desta emisión, son:

  • Sigue Sigue Sputnik – Love Missile f1-11.
  • Kruder & Dorfmeister – Rollin’ On Chrome (Wild Motherfucker Dub).
  • Kula Shaker – Start all over.
  • The Wombats – Let’s Dance To Joy Division.
  • León Benavente – Ser Brigada.