XXVII xornadas de Banda Deseñada de Ourense (Cartaz e Premios)

cartel-xxvii-xornadas-bd-metropoles-delirantes

O cartaz deste ano é obra de Alicia Jaraba.

Do 1 ao 30 de Outubro serán as xornadas de Bd de Ourense, outro ano máis a Asociación Proxecto Benito Losada é a organizadora dunhas Xornadas que chegan á vixesimo séptima edición, e continua así o labor de Benito.

Estas son as exposicións programadas que estarán do 1 ó 18 de Outubro no Museu Provincial:

  • “III Certame Benito Losada de BD”  2014.
  • O garaxe hermético, creando nun garaxe.
  • Axudas Injuve á Creación 2014.

E o día 30 na Libraría Sindicato del Cómic terá lugar a entrega dos premios do IV Certame Benito Losada de Banda Deseñada do que damos a coñecer os gañadores:

Na categoria para maiores de 17 anos até os 35

-1° Premio: Victor L Pinel / Alicia Jaraba Abellan por “Pendulum” – 900€
-2° Premio: Alicia Jaraba Abellan por “Superheroes” – 300€
Mención de Honra para: Elisabet García Aires por “Chejov”,
Mención de Honra para: Pablo A. Rosendo por “s/título”,
Mención de Honra para: Xulia Pisón Egea por “A única maneira”

Na categoria para menores de 17 anos

-1° Premio: Breixo Mosquera Freire por “Volvendo á rutina” – 300€
Mención de Honra para: Carlos Fandiño Soto por “A abella e o dardo”,
Mención de Honra para:Iria Couso Buján por “s/título”,
Mención de Honra para: Ismael López Arias por “Antón e Cibrán”