Bella Muerte é un dos gañadores do 8º Premio Int. de manga

manga-metropoles-delirantesEmma Ríos e as súas compañeiras Kelly Sue DeConnick e Jordi Bellaire veñen de recibir o Premio International MANGA Award na súa oitava edición polo excelente Bella Muerte (Pretty Deadly).

O Premio Internacional de manga é organizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Xapón para homenaxear artistas que contribuísen á promoción do Manga no exterior, trala primeira selección realizada co apoio da Asociación de Editores de Manga, o Xurado do Premio  escolleu un total de 15 gañadores, entre os que están Bella Muerte e La Mondaine de Lafebre e Zidrou.