Metrópoles Delirantes 39 – Nadar

El-mundo-a-tus-pies-metropoles-delirantesViaxamos ata Vigo onde Eva e Melo da libraría Banda deseñada nos acolleron para gravar este programa. Falamos con Octavio Beares, crítico e divulgador que co-dirixe xunto a Gerardo Vilches, Cuadernos de Cómic, unha revista de análise e estudo da bd, unha autentica delicatessen académica. O Sr B elabora o seu particular homenaxe ó colectivo Polaquia, nos imprescindibles o Barsowia. Con Nadar, falamos do seu libro “el mundo a tus pies” unha labazada de coherencia e realismo para espertar as conciencias que aínda pensan que esta crise non é unha estafa. No final, coma sempre, as novidades que nos recomenda Melo. A bd na radio ben acompañada de músicas estupendas.

Nadar-Vigo-metropolesdelirantes-Nieves-RodriguezAs músicas desta emisión, son:

  • Marisol – Corazon Contento.
  • Keith Jarrett –  Köln Concert, Part II C.
  • The Kinks – David Watts.
  • Arcade Fire – Reflektor.
  • Los Planetas – El Duendecillo Verde.