O cartaz do Expocómic 2015 é obra de David Rubín

Expocomic-2015-metropoles-delirantesFai dez días publicabamos que o (estupendo) cartaz do vindeiro GRAF en Madrid era obra de Los Bravú, e agora non podemos por menos que parabenizar a outro dos artistas da terra que é o responsable do cartaz da Expocómic que se celebrará en Madrid os días 11, 12 e 13 do mes de Nadal.

Este fenomenal cartaz é unha boa mostra do traballo de Rubín con moitos dos seus referentes e  parece que acadou o que parecía imposible co cartaz dun evento destes, a unanimidade nas opinións favorables.

David Rubín está non momento doce da súa carreira, debuxando magníficamente e traballando a un altísimo nivel cuns niveis de producción moi altos, colaborando con grandes da bd coma Miguelanxo Prado (Miguel EN Cervantes) ou Paul Pope (La caída de la casa West), e na plena consolidación do asalto ós mercados internacionais e particularmente ó norteamericano con The Fiction, unha obra con guión de Kurt Pires que chegara a España próximamente da man de Astiberri.