“Xeración Retranca” exposición no Museo do Humor de Fene

Xeracion-retranca-metropoles-delirantesNo Museo do Humor de Fene xa podemos gozar da exposición “Xeración Retranca”, nesta mostra podemos admirar os orixinais dos autores galegos que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011, importantes nomes da bd do país como Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias “Kohell” ou José Antonio “Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

Na exposición unha colección de paneis conta a historia desta publicación fundada en Vigo en outubro de 2007 por Kiko Da Silva, neles coñeceremos os principais temas tratados en Retranca e os autores que participaron no proxecto.

A exposición “Xeración Retranca” permanecerá aberta ao público na sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene ata o 31 de outubro. O horario de visitas é de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

O estudoso Félix Caballero Wangëmert escribiu un interesante artigo sobre a revista: “La revista Retranca y su papel catalizador del nuevo humor gráfico gallego