XII Encontro Galego De Ilustración, con Puño e Sagar Forniés 

DIPTICO_XII Encontro AGPI.inddO vindeiro sábado, 31 de outubro, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza a duodécima edición do Encontro Galego de Ilustración. Será unha actividade de entrada libre e gratuíta.

O Encontro comezará ás 10:00 horas, coa charla do primeiro convidado, o ilustrador Puño, titulada «Ilustrando ayer, hoy y quién sabe si mañana», Puño percorrerá a liña temporal do oficio de ilustrador, tanto desde unha perspectiva global como desde a súa persoal. Despois dunha pausa, ás 12:00 será o momento da charla de Sagar Forniés, «De la calle al estudio», para Forniés, o debuxante ten un compromiso por entender e explicar aquilo que o rodea a través do debuxo.

Ás 13:30, como remate farase a presentación do novo catálogo da AGPI, titulado Novas olladas sobre os clásicos universais. Nel, medio centenar de ilustradores galegos dan unha visión persoal de obras clásicas da literatura, desde os contos dos irmáns Grimm ata A illa do tesouro ou A pantasma de Canterville.

O encontro será na aula magna da Hospedería San Martíño Pinario (praza da Inmaculada, 3, 15704 Santiago de Compostela, a carón da praza do Obradoiro).

A partir das 14:00, os actos serán só para os socios da AGPI.