De Leria con Borja Crespo

Borja-Crespo-metropoles-delirantesPrograma especial no que falamos moito tempo e de moitas cousas co inefable (di él) Borja Crespo. Crítico, divulgador e dinamizador cultural, podcaster, director de cine e videoclips, fancineiro irredento e militante e unha morea de cousas máis, repasamos moitos dos traballos que fai, falamos sen cancelas e de case todo, na segunda parte únese Manel Cráneo e comeza o “despiporre”. Gravado no bar La Maleta de Coruña aos que agradecemos a súa colaboración.

As músicas que sonan son:

  • Pantones – El día de tu cumpleaños.
  • Joe Crepúsculo – Mi fábrica de baile.
  • A. Reixa e J. Hernández  –  Time of shaving (overtura).
  • León Benavente – Estado Provisional.