Lobeto será Laura Kinney

AllnewLobetoParece que Marvel atopou ó filón en feminizar os seus superherois, despois de facelo con Thor volve a facelo con Lobeto. Na nova serie que foi lanzada neste mes nos Estados Unidos a partir de agora, Wolverine será Laura Kinney ou X-23, un clon feminino do mutante que ten as súas mesmas habilidades de rexeneración e forza, e por suposto o esqueleto de adamantium e as características gadoupas .

O personaxe xurdiu cando intentaron copiar o Proxecto Arma X (o experimento científico, que buscaba crear un arma definitiva, onde lle subministraron o adamantium a Logan) Laura foi creada como unha máquina asasina, máis conseguiu liscar e rematou sendo a protexida e aprendiz de Logan.

Na nova serie chamada “All-New, All-Different” Wolverine morre por un virus que ataca a súa capacidade rexenerativa e Laura Kinney ou X-23, decide substituílo co mesmo uniforme.