Metrópoles Delirantes 41 – Manel Cráneo

Atila-Lalin-metropoles-delirantes

Nieves Rodríguez, Pio Barreiro, José Luís García López, Inacio, Ivan e Manel Cráneo na presentación de “Atila”, en Lalín

Este é un programa un tanto especial, adicado case totalmente a unha longa conversa con Manel Cráneo, autor e director de Demo Editorial é un home imprescindible na bd galega, empeñado en facer bd dende Galiza e en galego, falamos de tempos pasados e sobre todo do que está a preparar. O Sr B fai imprescindible unha obra que ten moito que ver coa nosa terra pero que naceu alén do mar, nos Estados Unidos, o Pretty Deadly ou Bella Muerte debuxado por Emma Ríos con guión de Kelly Sue De Connick e cor de Jordie Bellaire e editado en España por Astiberri. E rematamos coas novidades, que trae a nosa nova fichaxe, “Luigi” o libreiro de Metrópolis Cómics de Coruña.

As músicas desta emisión son:bellamuerte

  • Mr Smolin – The earth keeps turning on.
  • The Style Council – Long hot summer.
  • The Gruesomes – (Theme From) Bikers From Hell.
  • Aphrodite’s Child – The Four Horsemen.
  • The Beatles – Sexy Sadie.