Demo editorial entra no mercado español con catro obras

Demo editorial, a única editora de bd na Galiza que aposta por artistas do país e sempre na lingua do país da un pasiño máis para seguir medrando e anuncia que van entrar no mercado do estado español con dúas obras enmarcadas dentro da colección HäinöS, adicada á ciencia ficción e os mundos fantásticos.

Esteban-Maroto-metropoles-delirantesUN FUTURO PASADO (edición en español)

Este é o título que Esteban Maroto lle deu ao seu novo libro. Unha revisión das historias de ciencia ficción que  realizou para diversos medios nos setenta e oitenta, cun estilo clásico no que pode sorprender a modernidade das súas propostas de fondo e as súas preocupacións, que nos falan dun destino aciago da humanidade se segue polo mesmo camiño de destrución.

DESTINO HËRGÜSS (edición en español)

Edición en español desta obra de Manel Cráneo, a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha. Un libro que acadou un grande éxito xa na súa edición en galego e que foi financiado a través dunha campaña de crowdfunding. Aventura, ciencia ficción e tensión total para contarnos a viaxe iniciática de Pichük e Tombö, dous aspirantes a conseguir unha praza no Ministerio de Ciencia.

Amais destes dous grandes títulos a editora coruñesa relanza outros dous títulos do seu catálogo, que distribuirán nas librarías especializadas: SIN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero (Premio Castelao 2009), e OPERARIO, de Jano.

Anuncian tamén o lanzamento da nova páxina web de editorial.