Isabel Bas Amat, premio Honorífico do Colectivo de Autoras de Cómic

Bas-Amat-metropoles-delirantesNo Salón de Cómic de Zaragoza anunciouse a concesión do Premio Honorífico do Colectivo de Autoras de Cómic para Isabel Bas Amat, esta guionista e debuxante é unha das poucas mulleres que traballaron para o TBO, onde creou “Ana-Emilia y su Familia” mais tamén traballou para a editorial Bruguera: en Tío Vivo, Din Dan e Capitán Trueno, así como para outras editoriais de libros infantiles. Naceu en Barcelona en 1931, e loitou por ser profesional dos cómics nunha época na que as mulleres estaban (prácticamente) obrigadas pola sociedade a tarefas estritamente familiares. O Colectivo de Autoras de Cómic quere con este premio “que o seu traballo e o seu compromiso co medio chegue ás novas xeracións e forme parte viva da historia do cómic”

Para Isabel, “inventar historietas é mantela mente ocupada en algo positivo e agradable, buscándolle sentido do humor ás situacións cotiás da vida e tentando facer rir aos demáis”.

O Colectivo de Autoras de Cómic creou fai dous anos este premio, que lle foi concedido no 2013 a Nuria Pompeia e en 2014 a Rosa Garcerán.